¿QUEN SOMOS?

 

AREVA é unha Asociación sen ánimo de lucro encamiñada á rehabilitación e promoción dos enfermos alcohólicos, e ó apoio ós seus familiares.

A asociación AREVA, naceu a primeiros do ano 2004, da man dun grupo de enfermos alcohólicos en abstinencia que apreciaron e sentiron a necesidade de crear un dispositivo específico que brinde aopio a todas aquelas persoas que están a padecer a causa do alcoholismo, ben sexa coma enfermos ou ben coma familiares.

Pero o traballo de AREVA non queda únicamente na labor rehabilitadota e de reinserción, senón que, esta asociación a través de xornadas, campañas informativas, e mediante a divulgación de trípticos e documentos análogos, pretende chegar á sociedade concienciando a tódolos seus membros acerca daas graves consecuencias do alcoholismo, tanto na esfera física, coma na psicolóxica, familiar, laboral e social.