TRATAMENTO DO ALCOHOLISMO
O tratamento do alcoholismo esixe un enfoque multidisciplinar, xa que esta enfermidade é multicausal (varias causas) e multifacética.
En primeiro lugar debese proceder á desintoxicación alcohólica, é dicir, superar unha fase inicial, na que ol enfermo debe acada-la la abstinencia, eliminando o alcohol do seu sangue. Esta fase dura ó redor de 15 días, sendo aconsellable e en ocasións completamente preciso unha estricta supervisión médica (en ocasións con tratamentos de desintoxicación hospitalaria).
Superada esta primeira etapa, se persegue á abstinencia total, para sempre, é dicir, deshabituarse do consumo de alcohol. Este é un proceso máis complexo, que implica ademais unha serie de cambios motivacionais, actitudinais e comportamentais. A persoa alcohólica debe aprender a vivir sen alcohol.
Neste caso, mostrouse efectivo nun primeiro momento o tratamento con interdictotes do alcohol, é dicir substancias aversivas que impiden o consumo do tóxico, polos efectos negativos que implica a combinación. No caso dos interdictotes do alcohol ten que haber un exhaustivo control médico, sendo consciente o pacente, que o consumo de etanol pode llevarlle incluso á morte.
Esta terapia ten que se combinar con actuacións a nivel psicolóxico, xa que estas perseguirán a deshabituación do enfermo alcohólico, a prevención e manexo das posibles recaídas, así como lograr un cambio comportamental modificando as cognicións e e crenzas sobre o alcohol e o seu consumo.
Unha opción de tratamento de grande efectividade son os grupos de autoaxuda como AREVA, que nacen o redor dos anos 30 en Estados Unidos, da mán dun grupo de enfermos que querían atopar unha solución axeitada á súa enfermidade. Estos grupos se basean no apoio mutuo e incondicional, ademais de traballar baixo unha estricta confidencialidade, sendo os propios enfermos alcohólicos os que, mediante o seu intercambio de experiencias traballan alternativas de resposta ás situacións de risco.